Etiquetas

Mostrando entradas con la etiqueta JOURNAL. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta JOURNAL. Mostrar todas las entradas

martes, 13 de mayo de 2014

Classe 28 Avril

          Esta clase adicámola a facer exercicios relacionados coa orientación no espazo (dereita-droite; esquerda-gauche; cruzala rúa-traverse la rue, etc.). 
Esta clase era como unha preparación para facer o itinerario por Pontevedra (tâche 5).

Classe 21 Avril


          Nesta clase o profesor explicou a tâche 5 "Course d'orientation". Para esta nova actividade tivemos que formar un grupo, no noso caso de catro persoas, A actividade consistía en facer un itinerario, que nos proporcionou o profesor, por Pontevedra. Tamén estivemos traballando vocabulario mediante variados exercicios.

lunes, 7 de abril de 2014

O artigo partitivo en francés

 Para aclarar cando se utiliza du e des

Artigo partitivo = cantidade indeterminada dun todo continuo


    Úsase con palabras que non se poden enumerar; ou palabras non contables tales como a auga, o viño, o aceite, a sal, a farina, a pementa, o azucre, o chocolate e os materiais como terra, lume, aire, etc. Atoparemos frases tales como boire du vin (beber viño), mettre du sel (poñer sal), acheter du sucre (comprar azucre), etc.
Ex.: Je mange du pain = como ø pan.
                    Je bois de l’eau = bebo ø agua.
.                   J’achète des oranges = compro ø naranjas.
                    Je vends des disques = vendo ø discos.

    Des corresponde a un número indeterminado de cousas co significado de 'unha certa cantidade de', 'un pouco de', 'algo de', 'parte de', etc.
Ex.: J’ai acheté des fleurs = comprei unhas algunhas / ø flores.

 

Les articles

Classe 7 Avril

          Hoxe falamos de vocabulario relacionado cos utensilios de cociña (coutea, fourchette, assiette, etc.), tamén se falou de vocabulario relacionado coas comidas (la viande, du poisson, du poilet, etc.)
          Fixemos varias actividades: completar frases, responder cuestións despois de escoitar un audio, asociar imaxes con diálogos e ordearn as accións.
          Nesta hora de clase tamén estivemos vendo o pasado simple e pasado composto dos verbos "avoir" e "être".

Les vêtements

Classe 31 Mars

          Hoxe estivemos co vocabulario relacionado coa vestimenta e a súa descripción e algúns accesorios, fixemos actividades de comprensión oral (escoitamos conversas entre persoas que se aconsellaban da vestimenta que poñerian, etc.).

Classe 24 Mars

          Hoxe o profesor explicou a tâche 4, que consistirá na escolla dun hotel en Francia o cal teremos que describir, un restaurante co menú que escollamos e finalmente describir a vestimente coa que acudiremos á cea.
         Despois da explicación leváranso a cabo actividades de comprensión oral relacionadas cos alimentos e comidas, e vestimentas.

Les verbes pouvoir et vouloir

Les heures

Classe 17 Mars

          A clase de hoxe foi adicada ao repaso de vocabulario relacionado coa casa, que xa viramos anteriormente, fixémolo mediante audios.
          Tamén estivemos aprendendo as horas en francés.

Classe 10 Mars

Salut!!

         Hoxe na clase, como seguimos coa vivenda, tocou coñecer vocabulario acerca do mobiliario. Máis vocabulario que nos é preciso para a realización da tâche e para coñecementos propios para o día de mañan.
           Tamén practicamos a conxugación dos verbos "vouloir" e "pouvoir".

Les meubles

Pièces de la maison


Classe 24 Février

     Esta clase o profesor adicouna a presentarnos a tâche  3. A finalidadde da nova actividade é buscar un piso ou apartamento entre varias persoas para alquilar en Francia e describir as zonas comúns e cada un a súa habitación. Para facilitarnos a elaboración da actividade o profesor mostrounos un exemplo que fixo el.
   Despois da explicación fixemos actividades en común. Unha delas tratábase de unir a palabra co debuxo.
   A actividade paréceme moi interesante e productiva á hora de aprender vocabulario relacionado coa vivenda.

Classe 17 Février

          Nesta clase continuamos coas descripcións que estivemos vendo o día anterior. Fixemos actividades variadas, como: asociar o debuxo coa descripción correspondente. O profesor describiu a unha persoa pública e tivemos que adiviñala facendo preguntas.

Adjectives of emotion

Classe 11 Février

          Esta clase adicámola a repasar as nacionalidades, bueno no meu caso a familiarizarme con elas, a través dun exercicio no que tivemos que relacionar personaxes famosos coa súa nacionalidade.
             A continuación fixemos prácticas de descripcións de persoas para facilitar a elaboración da tâche 2, xa que trataráse de facer unha descripción dun descoñecido.

viernes, 14 de febrero de 2014

Classe 10 Février



        Comezamos a clase coa explicación das instruccións da Tâche 2: "Le portrait d'un inconnu".

        A continuación repasamos os números, pois tratábase de escoitalo que dicía o audio e asignar o número ao país correspondente.

      Logo estivemos escoitando e lendo exemplos de descripcións (Tin Tín). Tamén fixemos un exercicio de unir imaxes (caras expresivas) con adxectivos (dynamique, calme, gai, fermé, timide, méchant, évére, triste, doux, sérieux, etc.).

Classe 4 Février



        Este día estivemos repasando as partículas interrogativas (Quel-s/Quelle-s; Coment; Combiem; Qui; Où; Quand, etc.).

     Tamén volvimos a falar das cores e a maiores falamos dos adxectivos (petit/petite; bleu/bleue; bon/bonne; nul/nule; rond/ronde, etc.) e do artigo definido (la, l', le ,les), todo isto levámolo á práctica mediante actividades de completar, ex.: La nationalité; La France; Le livre; etc.).

          Añadir tamén que aprendín que: Ce/C'est utilízase para identificar, ex.: C'est une voiture.
Il est/elle est úsase para caracterizar, ex.: Il est un étudiant.